A directora infórmanos de que no centro se leva a cabo un método revolucinario: un tipo de ensinanza personalizada, "lonxe das antigas clases maxistrais", nas que o alumno e os seus ritmos e intereses pasan a ser os protagonistas. A diversidade enténdese como unha riqueza da que deben participar todos.
A tecnoloxía xoga un papel fundamental neste centro, pois é a ferramenta que posibilita que se poidan impartir tantos currículos como alumnos. O profesor pasa a ser un guía, un pastor ao que acudir en busca de axuda nas diversas citas personalizadas. Un plan de traballo individualizado que cada alumno debe ir completando é a clave para que isto sexa posible, porén, os libros e os cadernos non son reemplazados pola tecnoloxía, senón que se intercomplementan.
As ideas deste colexio concertado son modélicas e contrastan coa xestión que se está facendo noutras comunidades (como a nosa), onde se ofrecen medios tecnolóxicos, pero non se dan os coñecementos nin se fomentan as boas actitudes cara esta. Queda caro, pois, que a innovación docente non pasará necesariamente polo pixel, senón que esta debe ser unha axuda para a boa praxis docente, que prepare ao alumnado para un futuro en alta definición.
No hay comentarios:
Publicar un comentario