lunes, 11 de febrero de 2019

Que significa ser un profesor innovador?



Un profesor innovador sería aquel que, como di a propia palabra, introduce algo novo na aula. Neste sentido, a innovación podería verse dende dous puntos de vista: a innovación de métodos ou de contidos. Tendo estes dous factores en conta, diriamos que un docente innovador se achega ás tres seguintes características:

1) Uso de ferramentas visuais. Unha imaxe vale máis que mil palabras, como se di. O certo é que nos días nos que vivimos, o alumnado tende a fixarse máis en estímulos visuais, que en texto escrito. O docente innovador, sen deixar de lado o branco sobre negro, tratará de traballar de forma máis visual posible.

2) A tecnoloxía. Está claro que a tecnoloxía veu para quedarse e deixala fóra das aulas é un erro. De  todos os xeitos, o uso de didácticas anticuadas adaptadas ós novos medios tecnolóxicos (presentadas por medios dos avances na informática) non supón, de por si, ningunha innovación didáctica.

3) A aprendizaxe activa. Atrás quedaron os tempos nos que o alumno era un mero receptor de contidos. A innovación docente para polo achegamento dos contgidos á realidade inmediata do alumno para que este sexa quen de ver a ultilidade dos mesmos no momento no que traballa con eles.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Santa María la Blanca, un centro exemplar?

No video de presentación do colexio Santa María la Blanca (Montecarlo, Madrid) asistimos á testemuña de varios alumnos do centro, de moi div...